domingo, 25 de noviembre de 2018

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Resultado de imaxes para lazo de violencia de generoO Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.


Na República Dominicana rexistrouse o asasinato das tres irmás Mirabal, feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo
En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o ''Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe'', onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres. 
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a ''Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller'', na que se definiu a "violencia contra a muller" como: 
''Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada''. 
Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller".

A pesar dos avances na brecha de xénero, sigue sendo moi necesario un día como este para loitar contra a eliminación da violencia de xénero nas súas distintas formas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario