domingo, 9 de diciembre de 2018

Aprendendo da discapacidade

O martes 5 de decembro tivemos a visita de varios alumnos/as de ACEESCA, un centro instalado en O Porriño especializado en discapacidade intelectual.

Estiveron dous grupos de alumnos-as, un foi a Infantil e outro a Primaria. 
Os máis maiores e autónomos estivo co alumnado de sexto, que trouxeron un vídeo onde  mostraban o que realizan no seu centro, posteriormente realizáronlle moitas e variadas preguntas sobre o seu día a día: que talleres e deportes realizaban, as comidas preferidas do comedor, asignaturas que lle gustaban e as que non, se lles gustaba ir ao colexio... eles  foron respondendo con moita paciencia. A continuación os de sexto homenaxearon a visita contándolles o conto de Paco Papán e lles mostraron un vídeo que realizaron dunha parodía dun programa da televisión, despois xuntos marcharon ao recreo a merendar e a xogar ao fútbol.
Por outro lado, outro grupo de alumnado de ACEESCA foi á aula de 4 anos de Infantil, ali disfrutaron do conto " A eiruga glotona", merendaron xuntos na clase e posteriormente foron a xogar ao patio. 
No patio o alumnado de 4ºA os estaban esperando para contarlle a historia de Elmer.
Un día cheo de aprendizaxe, onde as lecturas foron un importante fío condutor.






No hay comentarios:

Publicar un comentario