Nesta semana de sensibilización sobre a violencia de xénero rematamos este venres 30 cun acto no salón de usos múltiple, onde as nenas de sexto leron un manifesto aos presentes, no que explicaban o motivo deste día, as formas de violencia e abusar tanto fisica como psicolóxicamente, explicaron as formas do "non amor" e a necesidade de que as persoas debemos sentirnos libres de presións nas relacións de parella, sen permitir ningún tipo de violencia...seguidamente leron un poema e o nome e idades das vitimas da violencia deste ano.
Para rematar cantamos a canción de Melendi "Dejala que baile" e a de Ses "Concordia de Papel"
Desexamos que todo este traballo que se realiza dende os centros escolares se manifeste na formación de mellores persoas e máis sensibles cas mulleres, e podamos desterrar esta conmeración do calendario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario