O martes 7 de maio tivemos o clube de lectura do libro "Futuro Imperfecto " nesta ocasión tivemos a sorte de que nos acompañara a autora do libro, Xulia Alonso.
Falamos do libro, das vivencias en torno a drogadición: a dependencia, a pérdida de valores, de amizades, da familia, da invasión do VIH e da discriminación... pero tamén falamos da recuperación, da importancia dos lazos afectivos para superar obstáculos e do futuro con esperanza.
Estivemos dacordo que este libro debería ser de obrigada lectura nos Institutos como medio para reflexionar.
"Non se pode volver atrás, nin regresar a un estado anterior e instalarse nel...cada momento é único e algúns, ademais, marcan un punto sen retorno..."
Un encontro cálido, emotivo e de aprendizaxe da man de Xulia,,. que coa súa sabiduría encandilounos durante máis de dúas horas.
Despois da charla tivemos ocasión de disfrutar dunha variedade de froitas de temporada, creando un momento de comunicación máis fluída.
Queremos dende aqui agradecerlle que viñese a compartir o seu tempo e as súas vivencias con todas nós.
Como ben dixo unha compañeira "Xulia regalounos unha inxección de enerxía e positivismo".
Asinounos os libtos |
Foi o millor!!. A sua exposición foi emotiva e instructiva!!,e a froita riquísima. Grazas Isabel por estes momentos.
ResponderEliminarFoi un inmensisimo pracer. Un agasallo precioso. Moitas grazas pola xenerosididade de Xulia e pola organización de Isabel.
ResponderEliminar