Durante a semana do libro tivemos actividades e visitas moi interesantes no noso cole.
Unha delas foi a visita do MAGO MARCO, por certo tío de Breixo, alumno de 1º .
Todos quedamos abraiados cos seus trucos de maxia, ou ilusións como a el lle gusta chamalos.
Ademais de facernos un espectáculo fascinante, tamén visitou a nosa biblioteca e os alumnos de 1º lle fixeron unha entrevista moi divertida na nosa recén estreada radio escolar.
Deixounos titulares coma os seguintes:
"A maxia hai que vela cos ollos da alma e do corazón"
" A maxia, ao igual que calquera outra cousa, apréndese nos libros, así que nunca deixedes de ler!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario