Maña venres é un día especial porque abrimos a Biblioteca para este curso, motivo polo cal visitanos María, unha exalumna, que actualmente cursa estudos na Universidade e forma parte como violinista da orquetra SondeSeu.
SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa, formada por máis de 67 músicos e músicas e dirixida por Rodrigo Romaní, compoñente do grupo Milladoiro.
María quixo acompañarnos neste día para agasallarnos cun fermoso repertorio de música ao violín.
Polo que lle damos as grazas.
Que chulo vai estar, parabens.
ResponderEliminarGracias.