O venres 4 de outubro abrimos as portas da biblioteca, queríamos festexar este evento e pensamos que a música sería un bo fío condutor, para o que contactamos cunha antiga alumna, María, que toca na orquestra SonDeSeu. Ela encandilounos ca súa fermosa música de violín, interpretando varias pezas tradicionais.
Como eramos moitos para o espazo da biblioteca María tivo que realizar dous pases, un para os máis maiores e outro para os pequenos/as. Rematamos todos/as bailando o son dunha rumba.
Queremos dende aqui agradecer a María o esforzo por vir e o cariño que nos mostrou.
Hugo e Lía foron os presentadores, estiveron xenial! |
Veña a bailar!! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario