O alumnado de sexto empezou moi motivado na lectura de libros, polo que tivemos que realizar dous grupos para o club de lectura.
Empezamos co libro "A mansión dos Pampín", un álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en tono irónico. Miguelanxo Prado foi o creador e debuxante deste álbum.
Unha vez repartidos os libros e consensuado a data de encontro, voltamos a reunirnos para falar do libro. A verdade que lles deu bastante para falar: da falsedade e a hipocresía dos personaxes, do negocio que se move en torno á construción e máis cando hai eleccións e por suposto do desastre urbanístico de moitos lugares, aproveitamos para ver unha presentación de fotos sobre o feísmo galego, a cal deu moito tamén para comentar e rir.
Pasámolo estupendamente en torno a este libro, acompañádoo duns ricos doces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario