martes, 21 de abril de 2020

Amani


Amani de Miguelanxo Prado, publicado por Retranca editora, tiñámola preparada para colocar nos andeis de banda deseñada e preparado como novidade no día do libro.

Un hipopótamo pacífico e tranquilo “especial”, que cada xeración vai aumentando entre os descendentes de Amani e Utamu (a parella que se namora del tan pronto o ve) e os que van chegando do grupo dos outros (os agresivos) por inadaptados. 
Un álbum en formato grande e vertical, a favor da paz e da aceptación dun mesmo.

Un libro que xa está dispoñible tamén en catalán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario