jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro: Que les?

As circunstancias excepcionais fixéronnos celebrar o Día do Libro na casa, a pesar diso quixemos que fose unha data especial en torno á lectura. Con ese obxectivo pedimos á Comunidade Educativa que nos deran a coñecer o libro que estaban lendo, a través  dunha foto ou vídeo.
A convocatoria de participación foi masiva tanto de alumnado, mestras, participantes no club de lectura e familias. Polo que tivemos que realizar dúas presentacións, por un lado as fotos das persoas co libro e por outro lado os vídeos coas recomendacións lectores.
Moitas grazas a todas e todos por compartir o que estades a ler! 

Feliz Día do Libro!

2 comentarios:

  1. Ola, bó día do Libro a todas e todos!
    Son Xiana Loureiro Vila e encantoume este vídeo
    #euquedonacasa

    ResponderEliminar
  2. A nós encántanos ver como ledes.

    ResponderEliminar