O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como os adultos que sofren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida.
A campaña deste ano, en plena crise da pandemia do coronavirus no mundo, céntrase na lema "Podo aprender, podo traballar". Reivindícase un esforzo por parte das autoridades e da sociedade á hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade con miras a que estas persoas poidan desenvolver un traballo remunerado e ser o máis autónomos e independentes posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario