Dende a biblioteca desexamos darlle unha importancia especial, queremos demostrar que ler fainos únicos e que, nestes días de confinamento, siga medrando a maxia da lectura e se contaxie.
Por este motivo necesitamos a axuda de todos/as: alumnado, familia e profesorado.
Propoñemos que nos enviedes unha foto ou un vídeo:
-Unha foto de cada un de vós,
no lugar da casa onde normalmente ledes, mostrando a portada do libro que
estedes lendo.
-Un vídeo, dun minuto aproximado,
recomendando un libro que lérades ou
estedes lendo.
Esperamos con impaciencia eses envios.
Tedes de prazo ata o martes 21 de abril.
Envialo ao correo do voso titor/a ou ao da biblioteca:efprim@gmail.com
Tedes de prazo ata o martes 21 de abril.
Envialo ao correo do voso titor/a ou ao da biblioteca:efprim@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario