Cando ao inicio de curso concretáronnos a visita para final de curso da prezada Ledicia Costas, puxémonos moi contentos/as, especialmente o alumnado de 4º e 5º que leron "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Pero a realidade actual de confinamento non fixo posible que viñera, de novo, ao centro; no obstante ela agasallounos cunhas fermosas e agarimosas verbas. Mágoa non tela preto para recibila co noso cariño, que lle temos, e darlle as grazas por este libro que escribiu e que tanto nos gustou.
Volvemos agradecer á editorial Anaya que fixo posible este encontro virtual e por suposto a Ledicia Costas!! Pero a realidade actual de confinamento non fixo posible que viñera, de novo, ao centro; no obstante ela agasallounos cunhas fermosas e agarimosas verbas. Mágoa non tela preto para recibila co noso cariño, que lle temos, e darlle as grazas por este libro que escribiu e que tanto nos gustou.
Esperamos a súa visita en vindeiros cursos con libros novos!
"Escarlatina, a cociñeira defunta" tivo os seguintes premios : Merlín de Literatura Infantil 2014 - Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 e está na lista de Honra do IBBY, 2016 . Tamén ecomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario