Se seguimos a este ritmo de produción e de uso calcúlase que en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes.
Esta novela de Rosa Aneiros Xelís, o guieiro das botellas de mar, fainos conscientes do perigo que estamos a sufrir.
Con ilustracións de Andrés Meixide, a obra de Rosa Aneiros acadou en 2019 o Premio Merlín de Literatura Infantil e entrou na Lista de Honra da OEPLI.
O protagonista, xunto co mascato Mult, Ilva e o avó Jonás, emprende a afanosa tarefa de atrapar a illa de plástico para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario