lunes, 28 de febrero de 2022

Club de adultos : liquidación final

Celebramos o club de adultos/as en torno ao libro Liquidación Final.

A conclusión foi que esta novela escrita por Petros Márkaris é moi recomendable.

O comisario de policía Jaritos é o protagonista principal de «Liquidación final» (2011). É a séptima entrega da serie (QUINCE EN TOTAL); e a segunda da chamada «Triloxía da crise» sobre a situación económica e social en Grecia.

Demoledora «Liquidación final», clara continuación do libro  «Coa auga ao pescozo». Crónica implacable do que está a suceder non só en Grecia senón tamén no noso país. Despedimentos, recortes, folgas, manifestacións, suicidios (tremendo o primeiro capítulo), asasinatos de poderosos defraudadores fiscais, que converten ao seu executor nun heroe nacional. Ao longo desta novela podemos ler frases como «Hai quen agachan a cabeza e hai quen abren cabezas alleas» «Para un futuro aínda peor».

.







No hay comentarios:

Publicar un comentario