O noso alumno de 3° Marcos Pereira Barciela empezou no Nadal a escribir cartas á familia e os Reis Magos e como estaba moi aburrido pensou en máis xente a quen escribir e foi así como decidiu escribirlle ao concello de Mos e pedir algunhas cousiñas para compartir cos seus compañeiros. A alcaldesa recibiu a carta e viu a visitarnos para cumprir as peticións de Marcos, que foron unhas caixas de rotuladores e algúns libros dunha colección que lle gusta moito a toda a clase.
Aproveitando esta visita o alumnado de 3° fíxolle unha entrevista na radio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario