O noso centro na semana en que se conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia de xénero realizamos actividades diferentes dirixidas e comprometidas para facer fronte a esta violencia, abrindo camiños para buscar a igualdade e o respecto entre homes e mulleres
Así realizamos unha gran árbore, na entrada da biblioteca, que lle chamamos “A árbore dos afectos” onde cada clase colocou dúas palabras decoradas, en referencia a convivencia, previamente traballas e cada alumno/a plasmou a súa man nas ramas da árbore.
As aulas traballaron de maneira diferente a data do 25 N para sensibilizar: dende a o visionado de vídeos e cancións, que se proporcionaron dende a biblioteca, lectura de libros de igualdade e incluso leron contos clásicos con estereotipos machistas, os que tiveron que volver a reescribir e ilustrar. Clases que traballaron o tema rematando ca elaboración dun vídeo…
O venres 25 de novembro realizamos un acto no salón de usos multiples para todo o centro, onde o alumnado de sexto leu un manifesto sobre o significado desta data e o que se pretende, proxectaron unha presentación sobre o que implica o maltrato, tamén se viu un vídeo realizado polo clase de cuarto e para rematar cantamos e bailamos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”, que se traballara nas aulas para ese día poder cantala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario