O 3 de decembro, é o Día Internacional das persoas con diversidade funcional. Este día estableceuse para promover os dereitos e benestar das persoas con diversidade funcional.
Respectar os dereitos das persoas con diferentes capacidades non é só unha cuestión de xustiza, senón un investimento no noso futuro común.
Neste 2022, o lema é o seguinte: "Solucións transformadoras para un desenvolvemento inclusivo: o papel da innovación para impulsar un mundo equitativo e accesible "
Dende a biblioteca quixemos dar visibilidade a esta data coa lectura dalgúns dos moitos libros que temos sobre diversidade.
O luns 5 de decembro, despois do recreo, o alumnado voluntario deste mes da biblioteca foi o encargado de realizar as lecturas compartidas polas diferentes aulas, dende Educación Infantil ata 4º de Educación Primaria.
Todo un esforzo para o alumnado que sacrificou moitos recreos ensaiando a lectura dos libros.
Os libros escollidos foron:
- NUESTRA HERMANA PEPITA . UXÍA. 4º DE EP.
- PEPITA ES ESPECIAL: ALICIA. 3º DE EP.
- PROXECTO BARBADUS. EMMA-MARTINA. 2ºA-2ºB.
- TOPITO TERREMOTO. LÍA E LOLA. 1º EP.
- CADA UNO ES COMO ES. ANXO-HUGO. INFANTIL 5 ANOS B.
- DISTINTA. LEIRE. INFANTIL 5 ANOS A.
- RANA DE 3 OJOS. ANGEL-NOEL. INFANTIL 4 ANOS A E B.
- MONSTRUO AZUL. CECILIA E LEIRE. 3 ANOS A.
- 4 ESQUINITAS DE NADA. SARA-CRIS. 3 ANOS B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario