domingo, 11 de diciembre de 2022

Investigando sobre a vida saudable

 Os alumnos e alumnas de 4º de primaria estiveron investigando sobre a vida saudable. Para iso, repartiron a temática en 5 bloques: alimentación, actividade física, saúde mental, revisións médicas e hixiene corporal. 

Cada equipo cooperativo estivo a buscar información en libros e tablets  da biblioteca  e ordenadores da aula para facerse expertos e expertas no tema e poder despois expoñela e compartila co resto do grupo-clase. 

O produto final deste proxecto será a realización dun cómic sobre hábitos de vida saudable que poñer ao dispor de todo o centro educativo. Este cómic non o farán con debuxos, senón de forma dixital con fotografías dos propios alumnos e alumnas na aplicación Canva.





No hay comentarios:

Publicar un comentario