miércoles, 25 de enero de 2023

Libros de diversidade afectivo-sexual

O martes 17 de xaneiro tivemos unha charla divulgativa sobre a diversidade afectivo sexual, a cargo de Cristina Palacios, traballadora social e presidenta da asociación ARELAS.
O noso labor como docentes consiste en acompañar a toda a infancia; sexa esta trans ou cis. Para nós cada un deles é unha persoa única e o que queremos  é que sexan felices e a súa etapa na escola sexa recordada como un tempo marabilloso e seguro ademais de enriquecedor nas aprendizaxes máis curriculares. 
 Un mundo máis diverso é un mundo moito máis rico en pensamento, en opinións, en xeitos de entender as cousas.
 O equipo da biblioteca aproveitamos esta formación para sacar dos andeis todos os libros que temos sobre a temática de diversidade afectivo-sexual e os colocamos nun lugar máis visible.





No hay comentarios:

Publicar un comentario