Uxía, de 6º A, conta a experiencia da gravación do programa:
No
Día Mundial da Radio realizamos un programa en directo que gravamos no CUVI,
Universidade de Vigo, organizado pola asociación Ponte nas Ondas. Como había
moitos centros que participaban tiñamos un horario determinado, a nós tocounos ás
13.30 horas. Ao ser un horario moi próximo ás dúas da tarde, que é cando rematan
as clases no colexio, só asistimos ao programa os que o realizaban, e non todo
o alumnado de sexto.
O noso
programa trataba dun traballo que fixeramos sobre toponimia no curso pasado,
no cal tiñamos que investigar e recoller topónimos tantos cono poidésemos. Este
traballo fixémolo porque, aínda que non nos damos conta, os topónimos están
desaparecendo. Así coma os animais que están en perigo de extinción, moi
triste. Polo tanto, puxémonos mans a obra. O traballo e a causa motivounos
tanto que houbo xente que trouxo 40
topónimos e incluso 80! Dado que foi un traballo moi interesante decidimos contalo no programa de radio.
Aproveitamos
esta ocasión para para falar do noso centro e do concello, tamén achegamos un pouco de música do
noso lugar e puxemos varias cancións de Xulio Lourenzo: Nubeiro e Cantos da Ialma
e da banda Turres Band.
A
experiencia de realizar e gravar en directo dende a universidade se a tivera
que describir en tres palabras serían: nervios, emoción e orgullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario