viernes, 10 de marzo de 2023

Acto do 8M con Soledad Castro

 Celebramos o 8 M cun acto para todo o alumnado de primaria, no que estivemos acompañadas da atleta Soledad Castro.

Quixemos aproveitar o Día Internacional Da Muller, para traer ata o noso centro a unha muller relevante como Soledad Castro, unha atleta de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional, xa que ten un amplo palmarés de logros, destacando varios campionatos do mundo e campionatos europeos, tanto en pista de aire libre como en campo a través.

O concello de Mos recoñeceu a importancia de Soledad Castro no deporte, colocándolle o seu nome ao pavillón que está ao lado do noso centro. Ademais desta distinción, é medalla ao mérito deportivo no noso concello.

Soledad Castro naceu e vive en Dornelas, Mos, moi preto do colexio.

Ela acudiu acompañada da súa irmá Dorinda; esta falounos da importancia do 8M e da necesidade de seguir loitando pola igualdade da muller; explicou con exemplos que aínda queda moito por conseguir, non só no noso entorno senón noutros moitos.

Pola súa parte, Soledad foi contándonos a súa historia a través de obxectos importantes, que foi mostrando… dende unha medalla obtida en Corea, un diploma, un boneco…  Aprendimos moito con ela: a importancia das rutinas diarias para avanzar, do esforzo, de non redirnos ante as adversidades e seguir adiante, do valor do compañerismo…

Unha mañá preciosa chea de aprendizaxe e cariño da man das irmáns Castro. Grazas polo voso exemplo e compromiso e polo tempo que nos adicastes.












No hay comentarios:

Publicar un comentario