martes, 9 de abril de 2024

Libro colaborativo entre todo o alumnado sobre mulleres .

O equipo de convivencia e o equipo de biblioteca do noso centro uníronse para construír a idea 💡 dun libro propio de centro onde tivesen cabida mulleres que fixeron e fan aportacións moi importantes á sociedade. 

Por niveis, cada alumno e alumna do centro aportou o seu gran de area para agasallar á comunidade educativa con este marabilloso produto final. Buscando, planificando, organizando, escribido, presentando, dando cor... porque traballar en equipo sempre da resultados.

Este libro quedará na biblioteca do centro a partir de mediados de maio, unha vez que todo o alumnado poida disfrutalo na súa aula. 

Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós facéndoo! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario