miércoles, 15 de mayo de 2024

Actuación de Magin Blanco

O xoves 16 de maio ás 12 da mañá tivemo no centro a actuación de Magin Blanco, subvencionado pola comunidade de montes  de Tameiga.

O equipo da biblioteca organizou unha exposición cas súas  obras, parte delas foron proporcionadas por unha familia que pertenceu ao noso centro, polo que lle damos as grazas. 


A Magín encantoulle.


Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego.
Comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. Xunto coa compañía Ghazafellos representa A nena e o grilo nun barquiño, unha combinación de teatro e música, tanto en galego como en castelán.
En 2012, máis de trinta músicos colaboraron no disco-homenaxe Doutor Apertas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario