martes, 7 de enero de 2025

Despedida da profesora Mari

Empeza un novo ano  e con el comezo o segundo trimestre,  onde haberá  sorpresas e cambios.  Un deses cambios será que xa non contaremos  ca profesora Mari Carmen Rojo.
Despois de varias décadas traballando no ensino, e moitos deses anos no noso centro,
déixanos para xubilarse.

Agora tócalle desfrutar dunha nova etapa coa tranquilidade de saber que o teu traballo foi moito máis que unha tarefa: foi vocación, inspiración, paciencia e compromiso. E como di José María Toro "O mestre deixa a súa pegada na alma de cada neno/a, non co que ensina, senón, con que é".

Unha experiencia  pracenteira  traballar todos estes anos na súa compañía!!
A continuación recóllese a entrevista realizada polo alumnado de quinto con motivo da súa marcha do colexio. Escoitade veredes que interesante!


No hay comentarios:

Publicar un comentario