jueves, 6 de marzo de 2025

El cartero de Babdag: club de lectura de 6º

 


O xoves 27 de febreiro tivemos a reunión co alumnado de 6º, en torno ao libro "O carteiro de Bagdad" do escritor Marcos Calveiro.

Neste encontro  falamos da historia do libro. Unha familia iraquí ten que sobrevivir diariamente entre bombas e explosións. O protagonista é un neno chamado Abdulwahid; o seu pai, un dos poucos carteiros que quedan en Bagdad, sofre un accidente de moto. É entón cando lle pide ao seu fillo que termine unha misión, que consiste en entregar unha carta misteriosa. Nesta misión axudaralle o seu amigo Ahmed, que é chiita, a diferenza deles, que son sunitas.
Tamén proveitamos para falar da cultura iraquí, desde as comidas que se facían antes e en época de guerra, coñecer a diferenza entre chiitas e sunitas, saber sobre o ramadán ou sobre a existencia da única medalla de Irak nos xogos olímpicos.  

En definitiva unha reunión moi agradable, no que aprendimos sobre un país  moi diferente ao noso. 

 Para rematar o noso club deste curso tomámonos uns doces!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario