Como
en cursos anteriores con motivo do Día do Libro realizamos o apadriñamento e
amadriñamento lector, onde o alumnado máis maior le aos máis pequenos.
Por
motivos das vacacións de Semana Santa este acto realizouse o día 25.
A idea era que todo o alumnado saíra a realizar esta actividade no noso fermoso patio pero o impedíunolo o neboeiro e as pingas de choiva.
O alumnado de 2º a 6º responsable da lectura co seu libro escollido foi buscar ao alumnado asignado a clase correspondente, despois elixiron un lugar onde procederon a ler e escoitar.
Foi unha xornada moi estimulante onde se desfrutou da lectura nun entorno diferente!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario