O pasado venres 4 de abril o curso de 1º E.P tivemos a sorte de ter con nós ao autor Ramón D. Veiga, que escribiu o libro de "Chove" . Un conto cheo de emoción e intriga, no que a protoganista principal é unha miñoca que adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela.
Ben, se cadra hai alguén a que non lle molesta que chova...adiviñarás quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura.
Grazas pola visita Ramón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario