domingo, 11 de mayo de 2025

Club de lectura maiores: A Culpa

 

O martes 6 de tivemos o noso derradeiro club de lectura deste curso, despois de pospoñelo unha semana por causa do apagón eléctrico.

O libro que limos foi "A culpa" de Maria Solar, unha lectura na que coincidimos todas que nos gustou moito.
Escrito nun estilo claro, directo, reflexivo e, en ocasiones, poético. Afonda con axilidade, nunha historia na que conflúen elementos propios da literatura confesional para xogar cos conceptos da identidade e da dominación.

“A culpa” son dúas historias unidas por unha herdanza. Mulleres atadas para sempre por un crime cometido. Unha relación que se converte en posesión, dominación e loucura. Novela negra, onde se sabe quen cometeu os asesinatos, todos terapéuticos ou iso parece... e cun final sorprendente.
De novo agradecemos á biblioteca Neira Vilas de Vigo que nos cedeu os libros para súa lectura. 





Para rematar a coordinadora da biblioteca deixáranos unha sorpresa nun paquetiño especial cunha mensaxe ben fermosa:

Eran uns chaveiros de madeira, realizadas coa cortadora laser, da silueta do noso grande Castelao, co logo do club de lectura. Que ilusión nos fixo!! Grazas!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario