O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de decembro, é unha das datas máis importantes do calendario dos dereitos humanos. O seu propósito é promover a dignidade, os dereitos e o benestar de máis de mil millóns de persoas que viven con discapacidade en todo o mundo, así como concienciar sobre a importancia de construír unha sociedade inclusiva e accesible.
Este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1992, representa unha oportunidade para avaliar o progreso, identificar os desafíos e fortalecer o compromiso global coa igualdade de oportunidades.Dende a biblioteca organizamos unha exposición de libros sobre esta temática e unímonos á iniciativa "Baixo un mesmo paraugas" .

.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario