lunes, 19 de enero de 2026

Club de lectura: El cementerio de cristal


O martes 13 de xaneiro celebramos o primeiro club de lectura de adultos deste curso, que por motivos da folga non poidemos realizar no primeiro trimestre de curso.

O libro “ El cementerio de cristal” de Carlos Aurensanz deunos moito para falar . É unha novela para facer memoria do que aconteceu no penal de San Cristobal.

A novela abarca un espazo temporal comprendido entre 1936 e 1942 e finaliza cun epílogo datado en 2010.

Carlos Aurensanz introdúcenos de cheo na vida dun penal que non naceu como tal, senón que se trataba dun forte preparado para uns poucos centos de persoas e non para os máis de dous mil presos que alí se viron hacinados.

O 22 de maio de 1938 setecentos noventa e cinco recluídos do forte de San Cristóbal protagonizaron unha fuga longamente silenciada e cuxa historia empezou a recuperarse a finais dos anos oitenta. Daqueles case oitocentos presos que marcharon ladeira abaixo tentando chegar a Francia, só tres conseguiron o seu obxectivo. Uns douscentos foron ajusticiados. O resto volveu ás infrahumanas condicións de fame e enfermidade nas que alí se malvivía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario