domingo, 8 de marzo de 2026

8 de marzo: mulleres coa natureza

O Día Internacional da Muller, institucionalizado na data do 8 de marzo. Na súa orixe esta xornada xurdiu para reivindicar o papel da muller no mercado laboral, de aí que orixinariamente se denominara: “Día da Muller Traballadora”. A historia máis extendida sobre a conmemoración desta data fai referencia aos feitos que sucederon en 1908 onde faleceron queimadas 146 mulleres traballadoras nunha fábrica textil de Nova Iork. Trátase dunha data de reivindicación dos dereitos das mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero.

O noso centro conmemora esta data con diversas actividades. Dende a biblioteca, como outros cursos, mostramos nunha exposición dos libros que falan de mulleres importantes.
Este curso aproveitando que estamos traballando os ecosistemas realizamos unha selección de 11 mulleres que foron defensoras do medio ambiente:
Sylvia Earle
Jane Goodall
Wangari Masthai 
Josefina Castellví 
Aida Fernández Ríos 
Ángeles Alvariño 
Rachel Carson 
Marie Bohlen 
Greta Thunberg 
Isatou Ceesay 
Berta Cáceres 
Realizando un traballo de investigación de cada unha delas, co que elaboramos un documento para traballar nas aulas e dar a coñecer a cada unha delas. Engadindo uns códigos QR cos que se acceden a vídeos sobre elas, e poder escanear coas tablets. 
Creamos un mural, na entrada da biblioteca, baixo o título "Mullleres defensoras da natureza" . O alumnado contribuiu colocando as súas bolboretas, nas que escribiron palabras, mensaxes e decoracións en relación ao 8M.
O alumnado deberá posteriormente contestar a un cuestionario de preguntas de coñecementos, sobre estas mulleres, para participar nun concurso por aula.
Ademais na impresora 3D elaboramos uns marcapáxinas lilas co simbolo do 8M,para entregar ao alumnado de sexto, que se vai este curso, e para os gañadores do concurso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario