O alumnado de terceiro adicou unha sesión na biblioteca a realizar por parellas unha construción ou realizar un xogo, a continuación explicoulles aos demais en que consistía o que realizaron. Estiveron moi atentos/as e motivados.
Con motivo do Día das Bibliotecas os nenos e nenas de infantil, desfrutaron do conto La castañera en Kamisibahi, contado por Alba e Naia no Kamishibai. No proxecto lector todos os cursos de Educación Infantil foron á biblioteca para escoitar este fermoso conto. Encantoulles!!
A continuación puxéronse a pintar con auga e papeis de colores do outono para tintar un papel branco e elaborar un cestiño para as castañas do noso magosto.
O alumnado de 4 de infantil experimenta coa mesa de luz durante o proxecto que realizaron sobre Yayoi Kusama.
Yayoi Kusama é unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa carreira traballou nunha ampla variedade de medios, incluíndo pintura, collage, escultura, performance , nos cales destaca a súa temática interesada polos colores psicodélicos, as repeticións e os patróns.