Mostrando entradas con la etiqueta impresora 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta impresora 3D. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de diciembre de 2023

Boas festas

Dende a biblioteca desexámosvos unhas felices festas e que o vindeiro ano veña cargado de boas novas e por suposto de mellores lecturas.








domingo, 14 de mayo de 2023

Xogo na impresora 3D

 Na nosa escola temos unha persoa moi avanzada no tema das novas  tecnoloxías e a impresora 3D. Creou, para realizar na impresora 3D, un xogo de labirinto no que hai que ter moita habilidade manual, porque ten unha roda que move a plataforma na que temos unha bola que hai que trasladar.  Dámoslle as grazas por o seu tempo e adicación. 





jueves, 20 de abril de 2023

Temos a Orbil en 3D

 Conseguimos realizar a nosa mascota da biblioteca, Orbil, na impresora 3D. Unha marabilla!!

jueves, 9 de marzo de 2023

Lazos lilas no Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller decídimos que o alumnado de 6º realizara na impresora 3D o seu  lazo de cor lila para ese día, para posteriormente colocalos nun chaveiro.  Para Soledad Castro tamén houbo un chaveiro. 
Quedaron moi lindos!!


martes, 24 de enero de 2023

Impresora 3D

 No primeiro trimestre na impresora 3D realizáronse pezas diferentes, unhas para acoplar aos cartuchos de filamento e outras para decorar o centro en Nadal.






lunes, 29 de junio de 2020

Formación da IMPRESORA 3D para o noso profesorado

Antes de que finalizara este curso tan especial, os profes do cole fixemos unha formación sobre a nova IMPRESORA 3D instalada na nosa biblioteca.

Aprendemos as súas funcións básicas e tamén a utilizar programas para crear pezas e logo imprimilas.

Estamos desexando que comece o novo curso 2020/21 para poñernos a funcionar con ela!



jueves, 25 de junio de 2020

Chegada da impresora 3D á nosa biblioteca

A mediados de febreiro chegounos por fin a impresora 3D á nosa biblioteca e a instalamos no espacio que tiñamos reservada para ela.

Foron varias as mestras que fixeron á formación e que comezaron a programar actividades para poder levalas a cabo pero desgraciadamente chegou a crise sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19 e apenas puidemos utilizala. 

Os rapaces de 2ºB puideron estrenala, imprimindo un peón de xadrez que necesitábamos para completar un xogo da aula.