Mostrando entradas con la etiqueta visita de escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visita de escritores. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de marzo de 2026

Visita de David Rodríguez

 O luns 2 de Marzo visitounos David Rodríguez polo libro "Morto de fame".

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, escoitaron a este contacontos narrando o libro Morto de fame escrito por El Hematocrítico. Ademais presentounos outros libros da súa autoría, como a Superavoa. 
Para rematar cantaron unha canción que lles entusiasmou.

O libro gustoulles moito ao alumnado, xa que esta narrado con moito sentido do humor. A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto.





jueves, 4 de diciembre de 2025

Recomendacións lectoras de Nadal.

Como todos os anos por estas datas realizamos unhas recomendacións lectoras para agasallar en Nadal.
Libros que é necesario mercar dado que se empregarán na aula como ferramenta de traballo; posteriormente teremos a visita do escritor/a ou ilustrador/a que asinará os exemplares.


lunes, 1 de abril de 2024

Visita do escritor Ramón D. Veiga

O día 21 de marzo o alumnado de primeiro contou coa presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Miñoca e Ourizo"

Fixeron un pequeno taller de ilustración, onde aprenderon como facer caras alegres, caras tristes e pensativas.
Tamén lles mostrou outros libros da mesma colección de Miñoca e Ourizo, a continuación fixéronlle preguntas e aproveitou para contar curiosidades sobre o libro e por último asinoulle os libros.



viernes, 22 de marzo de 2024

Visita de Ramón D.Veiga..."Violeta ás agachadas"

 Coincidindo co Día da poesía os nenos e nenas de  infantil desfrutaron da presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba  con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Violeta ás agachadas”. Un libro que gustou moito tanto pola historia como polas fermosas ilustracións, da ilustradora Abi Castillo.

Ramón  contoulle moitas cousas, unha delas que este libro estaba inspirado na súa filla pequena.  Tamén leulles rimas que fixeron a delicia da rapazada.

Despois  asinoulles o libro .

Agradecemos a editorial Xerais por facilitarnos a presencia do escritor e por suposto a Ramón.





viernes, 26 de mayo de 2023

Visita do Hematocrítico

Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como O Hematocrítico do Arte.  É un mestre, humorista, escritor e unha personalidade de Twitter galego.
Visitou o noso centro o luns 22 para estar co alumnado de Educación Infantil que leran o seu libro "O meu irmono". Realizou dous encontros na biblioteca; primeiro co alumnado de 3 anos e 4 anos A e outro cos de 4 anos B e cinco anos.

El explicoulles que lle gustaba moito escribir contos e que tiña un amigo que realizaba as ilustracións dos seus contos, debuxando cas ceras Manley, as que temos nas aulas.
Aproveitou para contarlle varios contos. Para rematar o encontro asinoulles o libro e lles puxo un selo dun dos personaxes dos seus contos.







lunes, 15 de mayo de 2023

Visita de Pere Tobaruela

Pere Tobaruela estivo a visitar ao alumnado de 3º de Primaria, con motivo da lectura o seu libro de Formig4s: Misión Barcelona.

Neste encontro faloulles como inventou os nomes, o motivo polo que elixiu as formigas como protagonistas, como se lle ocurren as aventuras... A continuación asinoulles o libro e realizou unha entrevista para a nosa radio Orbil, onde varios alumnos/as fixeron de presentadores.

Pere Tobaruela Martínez, nado en Barcelona, é un escritor en catalán e galego. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, comezando a súa carreira literaria en 1999, primeiro en catalán, e posteriormente en lingua galega. Chegou a Galicia o 26 de decembro do 2005 e en setembro do ano seguinte presentou a primeira obra en galego. Reside actualmente en Rois. A súa obra é moi extensa en narrativa, pero tamén publicou en banda deseñada e ensiao.

martes, 2 de mayo de 2017

Disfrutando con A. García Teijeiro

O mércores 26  chegou ao centro despois do recreo Antonio García Teijeiro como unha raiola de sol para todos nós, cheo de entusiasmo e con moitas ganas de comunicarse, de recitar poesía pero sobre todo de contestar as moitas e diversas preguntas que tiñan que facerlles os nosos nenos e nenas.
Durante case unha hora estivemos encandilados cas súas verbas, onde nos foi desgranando as súas vivenzas, o seu día a día e os seus motivos de inspiración... Por último asinou os libros de todos os nenos e nenas. Dámoslle as grazas á Antonio por este día!
 
 
 
 
  
 



martes, 24 de mayo de 2016

A escritora Susana Lamela no centro.

O pasado xoves, tivemos a grata visita da escritora e, tamén mestra, Susana Lamela. Veunos a contar como naceu “Soños de Andel”. Os alumnos/as de 1º e 2º, coas súas intensas preguntas, conseguiron descubrilo.
Ademais de Soños de Andel, Susana mostrounos os diferentes tipos de libros que viven nos andéis das bibliotecas.
Para rematar, asinou os libros dos nenos/as.


   
 
 


sábado, 14 de mayo de 2016

Pere Tobaruela no centro

Na visita de Pere Tobarela a nosa escola ensinounos que só aquel que o pasa ben co seu traballo pode divertir aos demáis, porque para el escribir é unha paixón. Animounos a ser escritores e  a disfrutar coa lectura, con ela podemos introducirnos nun mundo cheo de misterio e imaxinación.
Os seus libros de Formigas van máis alá dun simple libro de aventuras,  tamén é un libro de viaxe, xa que podes recorrer as cidades onde acontece a historia (rúas, monumentos...)
Compartimos  xuntos o que máis nos gustou dos seus libros e que personaxes.
Agora esperamos impacientes as novas entregas de Formigas.
Grazas Pere por adicarnos este día!





sábado, 7 de mayo de 2016

Visita de Pere Tobaruela

O día 11 de maio visitanos Pere Tobaruela autor de varios libros, coñecido especialmente polo alumnado de 3º e 4º polo seu libro de Formigas, que tanto lles gustou. 
PereTobaruela a pesar de nacer en Barcelona, vive actualmente en Rois, por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. 
Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais ten publicados o libros: “Vouvos papar” (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; “A cripta do apóstolo” (2010), novela xuvenil; “Poñente” (Xerais, 2011) ; “O códice do Santo Lugar” (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil


miércoles, 2 de diciembre de 2015

Ledicia Costas na escola.

O martes 1 de decembro o alumnado de 5º de E P tivo o privilexio de recibir unha visita moi especial: a escritora viguesa Ledicia Costas que veu a presentarnos o seu libro “Escarlatina a cociñeira difunta” co que gañou premios tan prestixiosos como o Premio Nacional de Literatura, Premio Merlín das Letras, o premio Lazarillo…A escritora fixo honor ao seu nome facendo as ledicias dos nenos e nenas que tiveron a oportunidade de compartir con ela un momento especial e máxico, falando de literatura e tamén degustando xuntos as receitas do libro elaboradas por eles mesmos.
Agradecemos a Ledicia a paciencia e o interese que amosou na visita á nosa escola.GRAZAS LEDICIA

lunes, 30 de noviembre de 2015

Visita de Ledicia Costas ao centro

Estreamos mes de decembro ca visita  da escritora viguesa Ledicia Costas ao centro, gañadora de varios e importantes premios, algúns reseñados neste bloguer.
Unha visita moi esperada polo alumnado de quinto de primaria que leu o seu libro “Escarlatina, a cociñeira defunta”; libro que espertou moito entusiasmo e interese; mostra son as opinións que deixaron dúas alumnas bibliotecarias sobre o libro:
Noa: ” o libro de “Escarlatina, a cociñeira defunta” pareceume entretido, moi bonito, simpàtico, gracioso e para chuparse os dedos, coas receitas de cociña para facer coa familia”
Aroa: “Un libro precioso, simpático e de aprendizaxe. Os personaxes  son imaxinarios e moi bonitos”
Ledicia Costas: "Descubrín que quería ser escritora en lingua galega lendo, en 1995, 'Cartas de inverno', de Agustín Fdez. Paz" "É fantástico crear unha comunidade lectora, contaxiar a rapazada para que no futuro siga sendo lectora na nosa lingua"
Asi que mañá vai ser un día moi importante, imos descubrir máis polo miúdo unha gran escritora, de seguro que haberá algunha sorpresa  e  os libros do alumnado esperando para ser asinados.