sábado, 31 de octubre de 2015

Mes do medo




Dende a Biblioteca volvemos a tratar en  Novembro o mes do medo, enlazando co Samaín, un tema que en xeral gústalle a todo o alumnado, a proba que este curso preparamos cinco Bibliocarros, tres deles feitos polo noso mañoso conserxe Juan que se puxo man a obra unha vez que llos pedimos. Ao rebuscar nos andeis descubrimos que tiñamos moito sobre medo, misterio, enigmas... asi os carros levaban unha media de quince libros, cada un deles estará unha semana en cada aula, esperando que fagan a delicia no tempo do proxecto lector.
Como novidade a Biblioteca está moi ambientado para pasar "algo" de medo e propuxémoslle ao profesorado que durante este mes elexisen un conto ou historia de medo e se apuntasen a contarlla na Biblioteca a un grupo de alumn@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario