viernes, 13 de noviembre de 2015

De aqui para alá. Un proxecto musical



DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que se viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público presente.
O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contan con instrumentos típicos de cada lugar polo que sonará a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que despertarán a curiosidade dos asistentes a este concerto.
A través da música contarase a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais... nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Asi celébrase a presentación do libro e un concerto este sábado 14 de novembro, ás 12 horas, na librería Andel en Vigo, no que participará Cándido Meixide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario