miércoles, 11 de noviembre de 2015

Creando centos de historias de bosques con traballo cooperativo.


                                  
"Un bosque con centos de historias" este é o fio condutor que dende a Biblioteca lle propuxemos ao profesorado e alumnado para que creasen unha historia; como o  bosque  é o lugar onde se desenvolven moitos  libros, pensamos que era unha boa forma de comezar a traballar o noso proxecto documental. 
Dende hai anos o noso colexio traballa con Aprendizaxe Cooperativa e pareceunos interesante que esta actividade fose realizada por equipos de traballo, xa que a expresión escrita en xeral cóstalle un pouco máis pero ao traballala xuntos xurxen máis ideas  e logran participan todos por igual, asi se lle entregou unha silueta dunha folla a todos os equipos de cada clase e comenzaron  traballar mediante a estrutura do Folio Xiratorio, logrando crear unhas historias ben bonitas e moitas delas de medo. En Educación Infantil as historias foron creadas na Asamblea. 
Agora estas creación están  expostas  nun gran mural na entrada da Biblioteca, que representan dúas árbores cas súas particulares follas.
                                                                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario