jueves, 5 de noviembre de 2015

Celebrando o día das Bibliotecas Escolares cos Contacontos dos Bibliotecari@s.

Os bibliotecarios deste trimestre asumiron un montón de funcións, ademais de colocar libros nos andeis, ordenar, axudar a buscar material, recomendar libros.....e que ademáis contar contos aos máis pequenos era parte da súa responsabilidade.
Despois da explicación pertinente  elexiron a súa parella e deliberaron sobre o conto a contar, nas semanas seguintes puxéronse a ensaiar e en algúns casos a  buscar ou a realizar material que lles axudase a realizar unha gran dramatización...por suposto chegou o día elexido,  coincidindo ca celebración das Bibliotecas Escolares e o Samaín, os nervios estaban a flor de pel. O resultado foi marabilloso, eles totalmente centrados en facelo ben e o público atento, despois do aplauso ,en algúns caso houbo preguntas sobre as historias e agasallos. 
Neste curso os libros elexidos foron:
UXIA E LARA. COMO ESTÁ O GALIÑEIRO!
LUCÍA: MARI LUZ AVESTRUZ
DIANA-ANTÍA: EL SUEÑO (HISTORIA CREADA POR DIANA)
LARA O-MICAELA: ONDE PERDEU LÚA A RISA?
AROA-NOA: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.
XURXO-DIEGO. O GATO LAMBÓN.
NICOLÁS-MARIO. PAPÁ, POR FAVOR, ACHÉGAME A LÚA.
ARTURO-PABLO R: GATO GUILLE E OS MONSTRUOS.
Un día fermoso, cheo de fermosos contos e vivenzas, que de seguro será recordado pol@s protagonist@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario