martes, 24 de noviembre de 2015

Sensibilizándonos contra da violencia de xénero.

É triste ter que lembrar cunha data no calendario que hai inxustiza, desigualdade e unha violencia claramente visible contra as mulleres, da que en parte todos e todas somos responsables. 
En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental. Xa sexa no fogar, na rúa ou nos conflitos armados, a violencia contra as mulleres é unha lacra mundial que ocorre en espazos públicos e privados. As formas de violencia pode ser física, sexual e/ou psicolóxica.
A educación ten un papel primordial para combatila, sendo necesario traballar dende o colexio e coas familias, para formar aos futuros adultos e adultas no respecto aos demais.

En torno ao 25 de novembro o centro comezou a organizar actividades e a biblioteca a recompilar recursos para que o profesorado poida traballar en prol da igualdade e contra a violencia de xénero nas aulas.
Asi este luns 23 o alumnado de 5º e 6º recibeu unha charla formativa sobre este tema, promovida polo Concello, impartida por un avogado da Garda Civil experto en violencia de xénero, educador, traballadores sociais  e varios adolescentes.
O propio día 25 construíremos a nosa árbore do respecto, onde cada alumno colocará o seu lazo lila revindicativo e cheo de esperanza, desexando sexamos máis sensibles e tolerantes con todas as persoas.
A árbore que cambiará de cor.

Resultado de imaxes para lazo de violencia de genero

No hay comentarios:

Publicar un comentario