domingo, 22 de noviembre de 2015

Un novo premio para Ledicia Costas, o Lazarillo 2015

A literatura infantil e xuvenil en galego está de noraboa xa que Ledicia Costas foi galardoada esta pasada fin de semana co Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. O premio foi convocado pola Organizacion Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e conta co patrocinio do Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte.

O xurado destacou da obra obra gañadora que se trata dunha «novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben axeitada e unha linguaxe sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura».

No hay comentarios:

Publicar un comentario