miércoles, 10 de febrero de 2016

Padres brillantes, maestros fascinantes

Padres brillantes, maestros fascinantes

Esta obra é un libro que adquirimos  para reflexionar sobre como educamos, un camiño  que se inicia dende a propia familia tanto ou máis como dende a escola. E é que é un erro pensar que os nen@s teñen bastante cunhas horas de clase ao día. O colexio non é unha panacea, é simplemente un apoio. O saber débese unir ao que aprenden da súa contorna familiar, que será o que exterioricen despois con aqueles cos que interaccionan.
Hai elementos no libro que o fan non soamente interesante senón, á vez, útil a ollos dos educadores. Extráense ensinos que parecen simples, pero que conteñen unha sabedoría que quizá se nos pasou por crer que o complexo é máis efectivo. Así, atopámonos con algunhas ideas que deberían facernos reflexionar: 
- Os bos pais/nais son os que corrixen; os pais/nais  brillantes son aqueles que ensinan a pensar. 
- Os bos pais/nais  preparan aos fillos para os aplausos; os pais/nais  brillantes preparan aos fillos para os fracasos.
- Os bos pais/nais  dan oportunidades; os pais/nais  brillantes nunca desisten.
- Os bos mestr@s educan a intelixencia lóxica; os mestr@s fascinantes educan a emoción.
- Os bos mestr@s son temporais; os mestr@s fascinantes son inesquecibles

No hay comentarios:

Publicar un comentario