domingo, 14 de febrero de 2016

Queremos que crezcan felices

Nos andeis da biblioteca encóntrase este título que nos pareceu moi ilustrativo desta autora para pais/nais. Despois do éxito do seu libro "Queremos fillos felices", Silvia Álava ofrece agora aos pais e nais unha guía de consellos para os seus fill@s de seis a doce anos onde se resolven situacións cotiás pero tamén complicadas como: Debo axudarlles cos estudos?, Como conseguir que se vaian á cama á súa hora?, Que criterios débense seguir para a elección do colexio,?Como xestionar a «paga»?, E se o meu fillo é o único que non ten móbil?, Debo ser a axenda do meu fillo?. Cando iniciarlles na información sobre a sexualidade? Tamén aborda temas de especial relevancia para entender mellor aos adolescentes e os cambios psicolóxicos e cerebrais que ocorren neses anos. Prepararse para a adolescencia é o mellor camiño para abordar esa nova e en ocasións complexa etapa na relación entre pais e fillos.
Todo contado dunha forma sinxela e moi práctica, ilustrada ademais con casos reais extraídos da experiencia cotiá no Centro de Psicoloxía onde Silvia Álava desenvolve a súa actividade profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario