domingo, 6 de marzo de 2016

Wangari e a defensa da natureza.


Wangari é a muller Internacional que escollemos para traballar o 8 de marzo.
"De pequena, en Kenia, vive rodeada de árbores. Cando crece comeza unha masiva deforestación e  teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Entón decide sementar nove arbolitos" así comeza a historia de Wangari Maathai contada pola escritora Jeanette Winter e publicado por Ekare, un libro precioso, que será o fío condutor e motivador para coñecela  nas diferentes aulas.
Wangari Muta Maathai loitou toda a súa vida pola defensa do medio ambiente, parte da idea de que o deterioro deste, a súa deforestación e o empobrecimiento das contornas rurais dédense á procura do rápido beneficio a calquera prezo, levando necesariamente a desaparición dos medios de vida de millóns de persoas no mundo, deixándoas sen recursos, sen defensa ante a corrupción e a cobiza dos especuladores, sen esperanzas e sen futuro. 
Unha das moitas formas nas que loitou contra esa realidade foi a creación dun movemento que comezou da forma máis sinxela imaxinable, coa plantación no seu propio patio de nove pequenos árbores, que despois se transformaron en varias fileiras deles tras convencer ás mulleres da súa aldea das vantaxes da súa idea; estas á súa vez convenceron ás mulleres das aldeas veciñas e, aos poucos, moitas mulleres de Kenia decidiron facer o mesmo: xurdindo o Movemento do Cinto Verde. Vinte e sete anos máis tarde sementáronse trinta millóns de árbores, logrando crear seis mil viveiros en Kenia e o movemento estendeuse a trinta países africanos, transformando a vida e o futuro de miles de familias . Estivo na cadea. No 2004, Wangari converteuse na primeira muller africana en ser galardoada co Premio Nobel da Paz. Foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais.Finou en Nairobi o 26 de setembro de 2011

Neste fragmento da película "Dirt!" conta a historia do colibrí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario