lunes, 20 de junio de 2016

Isela


Dende Edicións Embora fannos chegar este novo libro de narrativa galega xuvenil, incluídos na súa colección O Globo.de Carlos López
Isela é unha nena moi lista e imaxinativa. Vive en Cidade Clara cos seus pais e o seu avó. Cidade Clara é un lugar onde acontecen feitos verdadeiramente sorprendentes e habitan personaxes divertidos, que iremos coñecendo da man da pequena protagonista. Non te demores máis e vén visitar Cidade Clara, a cidade de Isela.
CARLOS LÓPEZ (Boimorto, 1967) ten publicados unha presa de libros para nenos. Obtivo premios como o Merlín, o Raíña Lupa ou o White Ravens, e as súas obras foron traducidas a varios idiomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada