lunes, 27 de junio de 2016

¿Será correcto?

PORTADA_SERÁ_CORRECTO_CAST
  • Teño que erguerme cando me presentan a alguén?
  • Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?
  • Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo?
  • Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?

Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro.
Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dúbidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade.
Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes… pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos.
Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido –non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella–, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.
A guía de protocolo máis divertida e sinxela para maiores e pequenos

No hay comentarios:

Publicar un comentario