miércoles, 14 de septiembre de 2016

Lista de honra do IBBY 2016


Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas pasa a formar parte da lista de honra do IBBY (International Board of Booksfor Young People) 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil. A novela, publicada en Xerais, xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo.
Estes días cúmprense dous anos da súa publicación e chega á súa oitava edición.

Tamén forma parte da lista o escritor e crítico literario Ramón Nicolás pola tradución ao galego de Bisa Bea, Bisa Bel da escritora brasileira Ana María Machado, publicada en Galaxia.

Podedes consultar a lista das publicacións premiadasaquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario