domingo, 11 de septiembre de 2016

ROALD DAHL

Resultado de imagen de roald dahl Queremos lembrarnos de Roald Dahl no centenario do seu nacemento.
Roald Dahl, nado en Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990. Nace no seo dunha familia acomodada. Con sete anos internáronlle nun colexio, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico, que reflectiría logo nalgúns dos seus libros. Terminado o Bacharelato, entrou a traballar á Shell, a compañía multinacional petroleira, en África. Neste continente é onde lle sorprendeu a Segunda Guerra Mundial, na que tomou parte. Fíxose piloto da Royal Air Force; foi abatido en combate e pasou seis meses hospitalizado. Despois destinárono a Londres, e a Washington comezou a escribir as súas aventuras de guerra. A súa incursión na literatura infantil estivo motivada polos contos que contaba ao seu catro fillos. En 1964 publicou a súa primeira obra, Charlie e a fábrica de chocolate. Tamén escribiu guións para películas; concibiu personaxes famosos, como os Gremlins, e algunhas das súas obras leváronse ao cinema.Entre os seus libros máis populares están por suposto Charlie e a fábrica de chocolate e o grande ascensor de cristal, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas, Muá, Mu, El dedo mágico, Matilda, La maravillosa medicina de Jorge,…Moitos dos libros infantís de Roald Dalh foron ilustrados por Quentin Blake. Ilustrador, escritor e debuxante británico, nO 2002 obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o mellor recoñecemento internacional para ilustradores de libros infantís.

Deixamos algunha das súas citas máis famosas:


  • “Una autobiografía es un libro que una persona escribe sobre su propia vida y está por lo general lleno de todo tipo de detalles aburridos”
  •  “Los adultos son criaturas llenas de caprichos y secretos”
  •  “Los secretos más grandes se ocultan siempre en los lugares más inverosímiles”
  •  “No importa lo que usted sea o parezca, mientras alguien lo ame”



No hay comentarios:

Publicar un comentario