miércoles, 19 de octubre de 2016

Cepillo

Entre as novidades de Kalandraka destacamos a publicación en galego do álbum Raspall, de Pere Calders e ilustrado por Carme Solé. Este álbum, de 1981, recibiu o Premio Lazarillo de Ilustración e o Premio Serra d´Or dese mesmo ano. A tradución é de Xosé Ballesteros.
Cepillo narra como un neno queda sen o seu can porque lle comeu o sombreiro ao pai. A mascota vai ser substituída por un cepillo, que nun exercicio de maxia e imaxinación, cobra vida e convértese no amigo fiel do protagonista.
As relacións entre pais e fillos, o poder da imaxinación ou a importancia das mascotas son temas que aparecen neste álbum ilustrado, recomendado para primeiros lectores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario