lunes, 21 de noviembre de 2016

Semana da igualdade

Nesta semana onde se celebra o Día da non violencia contra a muller o noso centro quere sensibilizar ao alumnado sobre este tema. Conscientes da transcendencia do tema decide traballarse na aula previamente ao propio 25 de novembro, día na que se celebra un acto conmemorativo
Dende a comisión da biblioteca pareceunos que para introducir este tema que mellor que a través dos libros; libros que nos narran historias onde a violencia e a discriminación en contra das mulleres está presente, moitas veces dunha manera tan asidua que costa darse conta.
 Polo que preparamos os libros que nos parecía máis interesantes en uns bibliocarros que estarán a disposición do profesorado, asi mesmo haberá varios vídeos para visualizar nas aulas.

Nesta semana queremos facer especial fincapé  no  tipo de maltrato, que pode ser psíquico e físico, onde a discriminación é un tipo de violencia. Polo que decidimos escoller especialmente uns títulos por nivel.
En Infantil: "Unha feliz catrastrofe" de Adela Turín. Unha historia moi habitual nos fogares ata que un día cambian os papeis...

En 1º e 2º nivel de  primaria. "O monstruo" de  Daniel Martín e Ramón Trigo. Un libro que ofrece dende unha óptica infantil, unha mirada particular sobre ese monstruo que sigue instalado en moitas casas. 


Dende 2º a 6 nivel de primaria traballarase o libro "La escuela secreta de Nasrrem" da editorial Juventud, onde a autora Jeanette Winter vólvenos a conmover con outra historia real das nenas e mulleres afganas que sufren un maltratro continuo.
 .


No hay comentarios:

Publicar un comentario